Apoio integral nas crises das relacións familiares

- servizo público, parcialmente gratuíto -

Asociación Galega de Pais e Nais Separados (logotipo)O SAFIM é un servizo especializado en apoio familiar, de carácter integral e multidisciplinar, que ten o obxectivo principal de axudar ás familias para que os problemas ou a ruptura de parella non teñan consecuencias negativas sobre os menores e os propios adultos, ao tempo que intenta promover unha coparentalidade positiva; pero que presta apoio tamén aos adultos, incluída a familia extensa: avós, tíos, curmáns, as novas parellas, ...

Trátase de un servizo público e parcialmente gratuíto en función do programa durante o ano 2021. Está organizado pola Asociación Galega de Pais e Nais Separados  e apoiado por voluntarios e profesionais colaboradores, como se explica no apartado "Quen somos". 

Servizos do SAFIM

Programa “Ruptura de Parella, non de Familia”

RuturaParellaNonFamiliar_azul.png

Está dirixido a tódolos membros da familia, especialmente a pais e nais e a fillos e fillas. A través de sesións de carácter individual e nalgúns casos grupais, sempre en función das necesidades e os intereses das familias, búscase axudar a superar a situación de ruptura da maneira máis beneficiosa, reducindo o impacto negativo en menores e adultos.

Programa de
Mediación Familiar

Mediación.jpg

Permite ás familias xestionar os conflitos e controversias de xeito amigable, decidindo conxuntamente aquelo que é mellor para todas as persoas implicadas. Posibilita aos proxenitores/as centrarse nas necesidades e benestar dos seus fillos e fillas, e seguir mantendo unha relación de coparentalidade positiva, evitando que a ruptura cause estragos nos seus fillos e fillas.

Programa de Coordinación de Parentalidade

ParentalidadePositiva_cores.png

 

Axuda a pais e nais cando teñen dificultades para desenvolver o seu plan de parentalidade. Tamén cando un ou ambos proxenitores teñan unha problemática que poida poñer en risco aos seus fillos e fillas, e que requira unha supervisión ou intervención especializada.

 

Atención ao público e actividades principais
Santiago, Vigo, outras localidades

Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES)
Rúa Manuel María, 6 (Salgueiriños)
15705 Santiago de Compostela

HORARIOS

Atención presencial:
Martes 10:00-13:00h, 17:00-19:45h; xoves 17:00-19:45h
Contacto telefónico previo para comprobar dispoñibilidade:
De luns a venres: 10:00-14:00h, 17:00-19:00h
Tfno. 622 939 292

Información sobre Parentalidade Positiva e "Ruptura de Parella, non de Familia"

Unidade de Psicoloxía Forense, Facultade de Psicoloxía da USC (Módulo F).
Rúa Xosé María Suárez Núñez. Campus Vida
15782 Santiago de Compostela

HORARIOS

Atención telefónica: Tfno. 881 813 871
De luns a venres: 9:00-14:00h; 16:00-20:00h

Contacto

Pregunta de seguridade