O significado da Parentalidade Positiva

 

O exercicio da parentalidade positiva obriga a ambos proxenitores a participar no desenvolvemento e benestar dos seus fillos e fillas en igualdade de condicións. Pai e Nai teñen igualdade de responsabilidade de cara aos seus fillos.

SOL.png
ALBERTO.png
 
LOLI.png

 

 

Cando falamos de parentalidade positiva nos referimos a unha relación entre os proxenitores colaboradora, cooperativa e afastada do conflito,  que permita aos pais establecer acordos baseados no Interese Superior dos seus fillos.  De tal xeito que, a través da comunicación, pai e nai asumen por igual unha serie de responsabilidades (económicas, escolares, sanitarias, educativas, etc.), así como, o dereito a participar nas decisións que teñan que ver coa crianza dos fillos.