Responsable do proxecto

Asociación Galega de Pais e Nais Separados

AGPNS é unha entidade asociativa de carácter non lucrativo que ten como unha das súas finalidades a promoción e desenvolvemento de iniciativas de apoio e atención ás familias que afrontan a problemática da separación conxugal, especialmente na prevención das súas repercusión sobre os menores.

Como responsable da iniciativa e da súa xestión, a AGPNS promove e coordina o desenvolvemento dos programas que integran o SAFIM.

Xunto coa atención das necesidades das familias como propósito principal, asume o compromiso de colaboración coas entidades públicas e privadas que realizan unha actividade social relacionada.

A AGPNS  obtivo os recursos necesarios para comezar esta iniciativa na convocatoria de subvencións correspondentes aos exercicios 2018 e 2019 para Programas de interese xeral para fins de carácter social, subvencionados con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, xestionada pola Consellería de Política Social. 

De maneira parcial en 2020 e integramente dende 2021, a actividade mantense actualmente con recursos propios da AGPNS e a colaboración de profesionais, voluntarios e os propios usuarios.

Nestes enlaces pódese seguir a historia do proxecto nos primeiros anos: 2019, 2020, 2021, 2022, 2023.

Consellería de Política Social, Xunta de Galicia

Actividade parcialmente financiada durante os anos 2019 e 2020 pola  Consellería de Política Social, Xunta de Galicia 

 

Programas de interese xeral para fins de carácter social, subvencionados con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, xestionada pola Consellería de Política Social

 

 + información Convocatoria 0,7 IRPF 2018