Proxecto no ano 2020

Os técnicos

Ruptura de Parella, non de Familia

Maruxa.jpg

 

Maruxa Fernández Hermelo é Licenciada en Psicoloxía; Máster en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Xurídico-Forense e Intervención Social, especializada en psicoloxía educativa. Colexiada nº G-5985 do C.O. Psicoloxía de Galicia.

 

 

 

Raquel.jpg

 

Colaboradora

Raquel Gallego González é doutora en Psicoloxía e mediadora familiar, colexiada G-5391 do C.O. Psicoloxía de Galicia, Mediadora inscrita no Rexistro de Mediadores de Galicia. Desenvolve a súa actividade profesional no ámbito familiar, realizando labores de intervención e investigación

 

 

foto_conchi.jpg

 

Colaboradora

Concepción Fernández Martínez é Licenciada en Psicoloxía, Máster en Psicoloxía Xurídico-Forense e Intervención Social, colexiada nº G-4778 do C.O.Psicoloxía de Galicia, Mediadora inscrita no Rexistro de Mediadores do Ministerio de Xustiza. Actualmente é membro da Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

 

 

Mediación Familiar

 

Blanca.jpg

 

Blanca Otero Otero é Mediadora e Avogada, colexiada nº 2719 do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo. Realizou labor nos Centros de Apoio ás Familias do Concello de Madrid, Xulgados de Familia e P.E.F. da Comunidade de Madrid.  Mediadora Familiar Intraxudicial dos Xulgados de Familia de Vigo durante seis anos. Inscrita no Rexistro de Mediadores de Galicia e no Rexistro de Mediadores DGRN- Mº de Xustiza.

 

 

 

Beatriz.jpg

 

Beatriz Piñeiro Oviedo é Licenciada en Dereito,  Mediadora e Coach. Colexiada nº 3066 do Ilustre Colexio de Abogados de Santiago de Compostela e inscrita como Mediadora do Ministerio de Xustiza. A sua área de intervención céntrase principalmente nas familias.

 

 

 

 

Coordinación de Parentalidade

 

Nuria.png

 

Nuria González Lois é Psicóloga-Mediadora Familiar, colexiada nº G-01578 do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, cunha dilatada experiencia en temas de familia tanto no ámbeto extraxudicial como intraxudicial, asi como ampla formación en Coordinación de Parentalidade. Inscrita no Rexistro de Mediadores de Galicia e no Rexistro de Mediadores DGRN-Mº Xustiza.

 

Responsable do proxecto

Asociación Galega de Pais e Nais Separados

AGPNS é unha entidade asociativa de carácter non lucrativo que ten como unha das súas finalidades a promoción e desenvolvemento de iniciativas de apoio e atención ás familias que afrontan a problemática da separación conxugal, especialmente na prevención das súas repercusión sobre os menores.

Como responsable da iniciativa e da súa xestión, a AGPNS promove e coordina o desenvolvemento dos programas que integran o SAFIM.

Xunto coa atención das necesidades das familias como propósito principal, asume o compromiso de avaliación e mellora continua por medio da actividade investigadora que realizan as universidade galegas.

A AGPNS  obtivo os recursos necesarios para comezar esta iniciativa na convocatoria de subvencións correspondentes aos exercicios 2018 e 2019 para Programas de interese xeral para fins de carácter social, subvencionados con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, xestionada pola Consellería de Política Social. 

Consellería de Política Social, Xunta de Galicia

Actividade parcialmente financiada pola  Consellería de Política Social, Xunta de Galicia 

 

Programas de interese xeral para fins de carácter social, subvencionados con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, xestionada pola Consellería de Política Social

 

 + información Convocatoria 0,7 IRPF 2018