Nova edición do Programa “Ruptura de Parella, non de Familia” en formato grupal
O próximo 27 de setembro de 2019 dará comezo a nova edición do Programa “Ruptura de Parella, non de Familia” en formato grupal. O programa grupal está destinado a familias inmersas en procesos de separación ou divorcio, co obxectivo de normalizar as relacións familiares, así como mellorar o afrontamento e a adaptación de todos os membros á nova situación familiar. Poderán participar conxuntamente cos seus fillos aquelas persoas que realizasen anteriormente ou estean a realizar actualmente as sesións individuais do programa. Para este fin, desenvolveranse 6 sesións grupais diferenciando dous grupos: adultos e menores.
A intervención estará orientada a:
· Ensinar aos proxenitores os coñecementos, habilidades e estratexias necesarias para afrontar de forma eficaz o proceso no que están inmersos; así como para poder axudar e apoiar aos seus fillos e fillas.
· Ensinar a levar unha relación de coparentalidade positiva, na que primen os intereses dos fillos e fillas.
· Axudar aos fillos e fillas a entender e asumir a nova situación, e a expresar as dúbidas e sentimentos que lles produce.
· Axudar aos menores para afrontar os problemas derivados da separación parental.
· Aumentar a autoestima e o desenvolvemento da intelixencia emocional nos nenos e nenas.
· Ensinar ás menores estratexias de afrontamiento que lles permitan adaptarse á nova situación familiar.
As sesións terán lugar pola tarde en venres alternos en Santiago de Compostela.
Para mais información e contacto:
Servizo de Apoio Familiar, integral e multidisciplinar
Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES)
Rúa Manuel María, 6 (Salgueiriños)
15705 Santiago de Compostela
Tfno. 622 939 292
Unidade de Psicoloxía Forense, Facultade de Psicoloxía da USC (Módulo F).
Rúa Xosé María Suárez Núñez. Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Tfno. 881 813 871
Temas
Entradas de blog relacionadas
Non hai contido relacionado