Campaña de presentación do Servizo de Apoio Familiar SAFIM en diferentes localidades de Galicia

Dec 1, 2019

O 20 de novembro de 2019, con ocasión do Día Internacional dos Dereitos da Infancia, comezouse cunha serie de actos de presentación dos servizos do SAFIM en varias localidades de Galicia, principiando en Santiago de Compostela (do que se fixeron eco a prensa, a radio e a televisión: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-seran-4215514…) Posteriormente, A Coruña, Vigo, Lugo e Ourense como primeiro grupo de localidades.

En cada ocasión, os técnicos do SAFIM presentan e explican ás familias e profesionais os servizos especializados, públicos e gratuítos, que se prestan para axudar ás familias que, tendo fillos, viven un proceso de separación/divorcio e teñen dificultades para xestionalo. 

O calendario dos actos é o seguinte:

  • Venres 29 de novembro, 18:30h; Centro Cívico Os Mallos;  Avda. de Arteixo 147 (A Coruña)
  • Mércores 4 de decembro, 19:00h; Edificio Advo. da Xunta de Galicia; R/Concepción Arenal, 8, baixo (Vigo)
  • Martes 10 de decembro, 19:00h; Centro Cultural do Vello Cárcere; Praza da Constitución, s/n (Lugo)
  • Martes 17 de decembro, 19:00h; Sociedad Artística La Troya; c/Ribeira de Canedo, 2 baixo (Ourense)

A noticia na prensa

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/109909-equipo-especializado-ofrece-apoio-problemas-familiares-evitar-prexuizos-aos-menores

A noticia na TVG

SAFIM_TVG_02.png

Topics
Non hai temas.
Related Posts

Non hai contido relacionado

Cargando conversa