Proxecto no ano 2023
Os técnicos e voluntarios
Mediación Familiar
Beatriz Piñeiro Oviedo é Licenciada en Dereito, Mediadora e Coach. Colexiada nº 3066 do Ilustre Colexio de Abogados de Santiago de Compostela e inscrita como Mediadora do Ministerio de Xustiza. A sua área de intervención céntrase principalmente nas familias.
Coordinación de Parentalidade
Nuria González Lois é Psicóloga-Mediadora Familiar, colexiada nº G-01578 do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, cunha dilatada experiencia en temas de familia tanto no ámbeto extraxudicial como intraxudicial, asi como ampla formación en Coordinación de Parentalidade. Inscrita no Rexistro de Mediadores de Galicia e no Rexistro de Mediadores DGRN-Mº Xustiza.
Responsable do proxecto
Asociación Galega de Pais e Nais Separados
A AGPNS é unha entidade asociativa de carácter non lucrativo que ten como unha das súas finalidades a promoción e desenvolvemento de iniciativas de apoio e atención ás familias que afrontan a problemática da separación conxugal, especialmente na prevención das súas repercusión sobre os menores.
Como responsable da iniciativa e da súa xestión, a AGPNS promove e coordina o desenvolvemento dos programas que integran o SAFIM.
Xunto coa atención das necesidades das familias como propósito principal, asume o compromiso de avaliación e mellora continua por medio da actividade investigadora que realizan as universidade galegas.
A AGPNS obtivo os recursos necesarios para comezar esta iniciativa na convocatoria de subvencións correspondentes aos exercicios 2018 e 2019 para Programas de interese xeral para fins de carácter social, subvencionados con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, xestionada pola Consellería de Política Social.
De maneira parcial en 2020 e integramente dende 2021, a actividade mantense actualmente con recursos propios da AGPNS e a colaboración de profesionais, voluntarios e os propios usuarios.
Nestes enlaces pódese seguir a historia do proxecto nestes primeiros anos: 2019, 2020, 2021, 2022.
Consellería de Política Social, Xunta de Galicia
Actividade parcialmente financiada durante os anos 2019 e 2020 pola Consellería de Política Social, Xunta de Galicia
Programas de interese xeral para fins de carácter social, subvencionados con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, xestionada pola Consellería de Política Social