Obrigas dos Pais e das Nais nunha separación

 

  1. Obriga de separar o rol conxugal do parental, de xeito que pai e nai colaboren para dar unha resposta eficaz ás necesidades dos seus fillos.
  2. Obriga de deixar á marxe das disputas conxugais aos fillos, centrándose no rol parental e nas necesidades de éstes.
  3. Obriga de tomar conciencia de que os fillos non son un ben ganancial a repartir, senón unha responsabilidade parental para ámbolos dous proxenitores.
  4. Obriga de diminuir a tensión, destacando os aspectos positivos da separación ou divorcio.
  5. Obriga de entender que a ruptura é un proceso traumático que afecta a todos os membros da familia e moi en especial aos fillos. Polo tanto, éstes presisan axuda e apoio para superalo.
  6. Obriga de procurar unha imaxe positiva do outro proxenitor, de modo que non se fomente o deterioro e decrédito da imaxe do outro.
  7. Obriga de non permitir que os fillos escollan entre un ou outro proxenitor ou que decidan en qué lugar quere vivir.
  8. Obriga de manifiestar e facer sentir aos fillos que sempre poderán contar con ambolos dous proxenitores.
  9. Obriga de dar oportunidade aos fillos de expresar os seus sentimentos, axudándolles a sobrelevar estas relación semocionais de forma constructiva.